Texto e ilustracións: BIanca Millán
ISBN galego: 978-84-8289-669-4
ISBN catalán: 978-84-8289-668-7
ISBN castelán: 978-84-8289-670-0
2024 - Cumio Editora
Sabías que máis do 70 % da superficie terrestre está cuberta de auga salgada? Este dato pon en valor a importancia dos mares e océanos nas nosas vidas, así como nas de miles de especies animais e vexetais que fixeron deste inmenso hábitat o seu fogar.
Nas páxinas deste libro, agardante moitos datos curiosos, ideas inspiradoras e actividades divertidas para que explores o mar en toda a súa grandeza. Ben sexa que esteas a gozar dun día de praia, explorando o porto ou practicando algún deporte acuático este libro convídate a mergullarte nunha viaxe emocionate.
Embarcaste nesta aventura?