Nacín en 1991 nunha pequena aldea do concello de Touro.

Gradueime en Belas Artes e posteriormente fixen un mestrado en Libro Ilustrado. 

Pinto dende que teño memoria, enchendo as paredes da casa de cores, e ilustro contos dende que son nai.

 

Dende ben pequerrecha, debecía polos lapis de cores e o papel. Co tempo, descubrín que calquera medio é bo para deixar voar a imaxinación.

As miñas primeiras publicacións chegaron  no 2017 con MANUELA e A MAXIA DE MAMÁ, e dende entón xa van máis de 20 títulos en galego, castelán e inglés, e veñen novos proxectos en camiño.

 

Se a ti tamén che gusta a ilustración en tódalas súas vertentes, buscas imaxes para o teu novo proxecto, queres botar unhas risas coas nosas Cousas de vivir na aldea, ou simplemente pasabas por aquí, benvido ó meu mundo particular.